Obra - Xisela Franco - Vía láctea

Vía láctea (2013)

Xisela Franco

 
 

Curtametraxe, vídeo 16 mm, 4 min

A modo de madonna co seu bebé ou de virxe lactante, Xisela Franco presenta o seu autorretrato da maternidade. Sobre os seus corpos nus proxéctase unha película de 16 mm, restos de celuloide antigo reutilizado, material alterado e pintado -fotograma a fotograma- con pigmentos, conseguindo un efecto salpicado de abstracción en movemento que se imprime sobre elas coma se os seus corpos fosen un lenzo. O deseño sonoro contribúe a envolver a obra nun ton escuro.

 
 
  • Vía láctea
  • Vía láctea
  • Vía láctea

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras