DepoEmprende 2017

DepoEmprende 2017

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa "DepoEmprende" 2017, aprobado pola Fundación Incyde e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Obxectivos

  • Fomentar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento debido á súa achega de creatividade e innovación
  • Eliminar as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas de negocio en proxectos concretos
  • Mellorar a calidade de vida das persoas desempregadas a través da formación e o asesoramento especializado, promovendo a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento
  • Desenvolver competencias emprendedoras que axuden as persoas desempregadas a superar os obstáculos, a aumentar a confianza en si mesmas e adquirir autonomía e que promovan o desenvolvemento de oportunidades profesionais cando a oferta laboral non se corresponda coa formativa
  • Contribuír á viabilidade e sustentabilidade das novas empresas
  • Garantir a non exclusión de calquera persoa por motivos sociais, de nivel formativo, razóns de xénero ou lugar de residencia
  • Fomentar o equilibrio territorial do programa coa colaboración de todas as cámaras de comercio da provincia de Pontevedra para a súa dinamización, captación e participación no proxecto
  • Colaborar cos axentes clave para o desenvolvemento do programa (cámaras de comercio, Universidade de Vigo, asociacións de empresarios, escolas de negocios etc.)

Persoas beneficiarias

120 persoas preferentemente en situación de desemprego da provincia de Pontevedra.

Terán prioridade as persoas pertencentes a colectivos con maior risco de exclusión do mercado laboral (menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con discapacidade e persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social).

Obradoiros de cultura emprendedora

Onde (lugares en donde se realizarán as accións)

  • Viveiro Barro-Meis
  • Viveiro Lalín
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Vilagarcía de Arousa
  • Tui e zona de influencia

Formulario de solicitud de participación no proxecto

Máis información

Correo-e: depoemprende2017@depo.es
Teléfono: 986 804 100. Extensións:  40854 e 40853

 

Última modificación: martes, 12 xuño 2018

Vídeos

#DepoEmprende2017