DepoEmprende II

DepoEmprende II

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto DepoEmprende II, aprobado pola Fundación INCYDE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, para o fomento do emprendemento xuvenil na provincia de Pontevedra.

Obxectivos

  • Fomentar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento debido á súa achega de creatividade e innovación
  • Eliminar as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos
  • Promover a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento de persoas novas de toda a provincia non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á viabilidade e sustentabilidade das novas empresas
  • Ofrecer itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás necesidades das persoas novas en diferentes localizacións da provincia para fomentar o equilibrio territorial do programa
  • Garantir a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razóns de xénero ou por lugar de residencia de ningunha persoa que responda ao perfil de persoa destinataria

Persoas beneficiarias

135 persoas menores de 30 anos de toda a provincia de Pontevedra que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación

Onde (lugares onde se realizarán as accións)

  • Cangas
  • Ponteareas
  • Pontevedra
  • O Porriño e Tui
  •  Vigo
  • Vilagarcía de Arousa

Formulario de solicitude de participación no proxecto

Máis información

Correo-e: depoemprendeII@depo.es
Teléfono: 986 804 100. Extensións:  40854 e 40853

Última modificación: venres, 08 xuño 2018

Vídeos

#DepoEmprende II