Mulleres do silencio
Mulleres do silencio é un catálogo de 175 páxinas baseado na exposición que tivo lugar no MARCO entre outubro de 2016 e abril de 2017, na que se deron a coñecer a obra e a traxectoria de 19 artistas galegas vinculadas á pintura co obxectivo de visibilizar o talento das artistas galegas do século XX. O coidado catálogo recolle unha recensión bibliográfica, en galego e castelán, e imaxes dalgunhas das obras máis representativas de Maruja Mallo, Julia Minguillón, M.ª Victoria de la Fuente, Elena Fernández-Gago, Fina Mantiñán, Beatriz Rey, M.ª Antonia Dans, Mercedes Ruibal, Elena Colmeiro, Soledad Penalta, M.ª Xosé Díaz, Menchu Lamas, Rosalía Pazo Maside, Berta Cáccamo, Pamen Pereira, Ángela de la Cruz, Mónica Alonso, Almudena Fernández Fariña e Tatiana Medal.
A obra divídese en catro bloques, seguindo a propia proposta formulada pola exposición. A través deles faise fincapé en cuestións coma o seu insignificante protagonismo nos movementos de vangarda anteriores á Guerra Civil, a posguerra e a obrigada emigración cara a outros centros artísticos fóra de Galicia, a chegada da democracia e o impulso dinamizador que van coñecer as artes plásticas en Galicia e, finalmente, os novos escenarios formativos nos que as nosas artistas comezarán as súas traxectorias nos inicios do século XXI.
Catálogo
Descargas
-
Carmela Silva incide en Vigo na necesidade dunha "mirada lila" para "transformar a sociedade"
15 de novembro de 2019 -
Carmela Silva: "precisamos poñer voz ao silencio, deixar unha proba viva do traballo das mulleres para quedar na memoria e seguir camiñando na senda da igualdade"
13 de novembro de 2019 -
Chega o catálogo "Mulleres do silencio" editado pola Deputación de Pontevedra para visibilizar o talento das artistas galegas do século XX
08 de novembro de 2019