Competencias
O ORAL ten como fins específicos a xestión, recadación e inspección dos recursos de dereito público dos concellos e demais entidades que deleguen a prestación de tales servizos mediante convenios. Para tal fin exércense as seguintes competencias:
-
Xestión tributaria de impostos, taxas e prezos públicos
- IBI: imposto sobre bens inmobles
- IVTM: imposto sobre vehículos de tracción mecánica
- IAE: imposto de actividades económicas
- ICIO: imposto sobre construcións, instalacións e obras
- IIVTNU: imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana
- Taxas e prezos públicos (lixo, auga, sumidoiros, taxa do 1,5 %...)
- Inspección tributaria do imposto sobre actividades económicas, imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, imposto sobre construcións, instalacións e obras e taxa por ocupación do dominio público a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral (taxa do 1,5 %)
- Recadación voluntaria e executiva dos ingresos locais de carácter público
- Colaboración na xestión e recadación de sancións de tráfico
- Xestión catastral do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana a través de convenios de prestación de servizos co Catastro inmobiliario
- Asistencia, asesoramento xurídico e información sobre o contido das competencias legalmente asumidas tanto á cidadanía coma ás administracións públicas