ORAL-Xestión tributaria

A misión do ORAL consiste na xestión, inspección e recadación, por delegación daqueles concellos e doutros entes locais da provincia de Pontevedra que o desexen, dos ingresos públicos que permitan prestarlles ás persoas contribuíntes servizos públicos de calidade, impulsando a modernización da Administración local.

Misión

A visión do órgano é a de ser unha Administración moderna e eficaz, referente na xestión de tributos locais, próxima á cidadanía, co fin de asistir na prestación dos servizos de xestión da recadación tributaria, en período voluntario e executivo, así como de apoiar a xestión financeira dos concellos delegantes, especialmente daqueles con menos de 20.000 habitantes.
Visión

  • Profesionalidade, imparcialidade e transparencia da xestión efectuada
  • Seguridade e confidencialidade nas relacións coa cidadanía
  • Eficacia e eficiencia na xestión
  • Información continuada, clara e precisa
  • Calidade, avaliada a través de diferentes indicadores, e implantación de medidas correctoras na liña da innovación tecnolóxica e da mellora continua
  • Compromiso coa igualdade de oportunidades en materia de xénero

ACCESO RÁPIDO