DepoInforma Deportes
A creación dunha base de datos de clubs deportivos ten por obxecto fomentar o tecido asociativo da provincia a través da transmisión, en tempo real, de información relativa a axudas e subvencións.
Enmarcada no Plan Estratéxico de Deportes, esta base de datos busca, ademais, facilitar as relacións administrativas entre os clubs e a Deputación de Pontevedra.
Para que un club se incorpore a esta só é necesario que introduza os seus datos, indicando un teléfono de contacto e un correo electrónico, a través do seguinte enlace.
Máis información: 986 804 100
Última modificación: xoves, 30 xullo 2020