DepoVerde
Obxectivos
O obxectivo xeral do proxecto é impulsar as producións hortofrutícolas e apícolas de calidade nos espazos protexidos e mellorar a empregabilidade das e dos habitantes destas zonas.
Resumo do proxecto
O proxecto desenvolverase en zonas da Rede Natura e irá destinado a todas as persoas interesadas en levar a cabo unha iniciativa empresarial nestes espazos ou traballar nos sectores hortofrutícola ou apícola.
Impartiranse 16 accións formativas, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:
Capacitar as persoas interesadas en levar a cabo a actividade apícola sustentable en espazos protexidos ou a quen desexe mellorar a súa empregabilidade facendo un uso máis eficiente dos recursos naturais a través dunha actividade plenamente integrada no medio, contribuíndo á conservación da biodiversidade e da paisaxe nestas zonas.
Temática:
- Contextualización da zona de estudo. Datos de interese: descrición do medio físico, medio socioeconómico e outros. Definición e clasificación dos recursos naturais. Identificación e valorización do patrimonio natural e cultural da comarca. Identificación e descrición da diversidade da zona: especies vexetais locais.
- Antecedentes da Apis mellifera. Iniciación na apicultura sustentable. A apicultura e o medio. Comportamento social das abellas. Ferramentas e insumos do apicultor. Proceso produtivo para a obtención do mel.
- Proceso produtivo para a obtención de pole, cera, própole e xelea real. Importancia da apicultura rexional.
- Enfermidades e pragas na apicultura. Flora apícola e polinización. Cría natural de abellas raíñas. Observación do calendario apícola rexional.
- Produción apícola como motor económico nas zonas protexidas: produtos locais, selos de calidade alimentaria. Valor engadido dos produtos locais. Valor engadido da actividade agroalimentaria en espazos protexidos.
- Produción apícola ecolóxica.
- Xestión empresarial. Diferentes estratexias para o desenvolvemento local: os procesos colaborativos, sinerxías e redes de valor territorial, asociacionismo e cooperativismo, comercialización en liña. Axudas e subvencións. Lexislación aplicable. Prevención de riscos laborais no sector apícola.
Das 8 accións formativas recollidas neste punto, 6 correspóndense con formación presencial e os 2 restantes con formación a distancia, a través dunha plataforma de teleformación en liña.
Preparar ao alumnado nas técnicas de cultivo empregadas en hortofruticultura sustentable e fomentar o emprego neste tipo de agricultura, máis respectuosa co medio.
Temática:
- Introdución á hortofruticultura sustentable.
- A hortofruticultura na provincia de Pontevedra.
- O solo e a súa preparación. Fertilización, rega e xestión da cuberta vexetal.
- Operacións de cultivo das principais hortalizas.
- Técnicas de cultivo de froitas e hortalizas. Recolección e xestión. Preparación para o mercado. Xestión dos residuos que se xeran na explotación.
- Principais parasitos e xestión fitosanitaria.
- Os invernadoiros.
- Xestión dunha explotación hortofrutícola.
Impartiranse 8 tipos de accións, das cales 6 correspóndense con formación presencial e os 2 restantes con formación a distancia, a través dunha plataforma de teleformación en liña.
Descargas
- Apicultura sustentable presencial
- Hortofruticultura sustentable
- Cartel curso presencial Apicultura Sustentable nas Neves
- Díptico curso presencial Apicultura Sustentable nas Neves
- Cartel curso presencial Hortofruticultura Sustentable en Cambados
- Díptico curso presencial Hortofruticultura Sustentable en Cambados
- Cartel curso presencial Hortofruticultura Sustentable no Rosal
- Díptico curso presencial Hortofruticultura Sustentable no Rosal
- Cartel curso presencial Apicultura Sustentable en Forcarei
- Díptico curso presencial Apicultura Sustentable en Forcarei
- Cartel apicultura sustentable a distancia
- Díptico apicultura sustentable a distancia
- Cartel hortofruticultura sustentable a distancia
- Díptico hortofruticultura sustentable a distancia
- Cartel curso presencial Apicultura Sustentable en Caldas de Reis
- Díptico curso presencial Apicultura Sustentable en Caldas de Reis
- Cartel curso presencial Hortofruticultura Sustentable en Silleda
- Díptico curso presencial Hortofruticultura Sustentable en Silleda
- Cartel curso presencial Hortofruticultura Sustentable en Catoira
- Díptico curso presencial Hortofruticultura Sustentable en Catoira
- Cartel curso presencial Apicultura Sustentable en Lalín
- Díptico curso presencial Apicultura Sustentable en Lalín
Última modificación: luns, 17 setembro 2018