Obra - Xisela Franco - Santiago, olladas de perfil

Santiago, olladas de perfil (2015)

Dirección: Xisela Franco

 
 

Vídeo, 22 min

Unha voz feminina protagonista, a de Encarna Otero, vainos levando polo Santiago intra muros, describindo aspectos do traballo feminino do pasado, das súas rúas, das súas fontes, do silencio da noite, para culminar este paseo na bela carballeira de Santa Susana, coroada pola igrexa, lugar xacobeo pouco coñecido que albergou as reliquias desta santa e mártir copatroa de Santiago. Un paseo delicioso e plástico por Santiago da man dunha muller excepcional, a historiadora e política feminista Encarna Otero.

 
 
  • Santiago, olladas de perfi
  • Santiago, olladas de perfi
  • Santiago, olladas de perfi

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras