Obra - Xisela Franco - Día 13 de julio y día 12 de agosto

Día 13 de julio y día 12 de agosto (2014 )

Dirección: Xisela Franco

 
 

Curtametraxe, vídeo Super 8, 2 min

" Día 13 de xullo do 2014…

Onte sábado foi o meu aniversario e un grupo de amigos alugamos unha casa a un mariñeiro na illa de Aunios, como fixemos o verán pasado. A beleza da illa é máxica. Escapamos do resto toda a tarde e atravesamos a illa ata O Buraco de Inferno, onde esperamos a caída do sol. Cada día ámoo máis. Filmamos dous rolos de Super 8.

Día 12 de agosto do 2014…

Esta vez atopamos a praia de Lagoelas, a última vez desistiramos ao disiparse o camiño entre as silvas. Hai que chegar primeiro a Menduíña e camiñar vinte minutos bordeando a montaña. Foi un agasallo pasar o día alí, a paisaxe é paradisíaca. A auga estaba calma e a súa temperatura perfecta. Bañámonos, nadamos e perdémonos e atopámonos varias veces. Gravei coa cámara na súa carcasa acuática".

 
 
  • Día 13 de julio y día 12 de agosto
  • Día 13 de julio y día 12 de agosto
  • Día 13 de julio y día 12 de agosto

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras