Obra - Xisela Franco - Anima Urbis

Anima Urbis (2010)

Dirección Xisela Franco e produtora Epojé Films

 
 

Longametraxe, vídeo Super 8, 16 mm,78 min. Idiomas: español, inglés

Documental etnográfico gravado en Toronto que explora a vida cotiá nunha cidade posmoderna a través da mirada crítica dunha muller española de trinta anos. Recolle os seus paseos a modo de flaneur, deambulando pola cidade e os seus espazos públicos, pero tamén o proceso creativo no seu apartamento e a frustración causada polo proceso de montaxe. O enorme arquivo posible na era dixital converte a súa casa nunha cova onde as sombras se proxectan nas paredes. A mirada dunha estranxeira en Toronto combínase con confesións líricas e imaxes e conversas familiares da súa casa natal en Galicia.

 
 
  • Créditos
    • Cámara e montaxe: Xisela Franco
    • Música: Trash of Dreams
    • Alokananda Dasgupta
    • Canadá
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Selección no Festival Internacional de Documentais PlayDoc 2015, Tui
  • Críticas, artigos e entrevistas
  • Anima Urbis
  • Anima Urbis
  • Anima Urbis

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras