Obra - Victoria Martins - Digna Rabia

Digna Rabia (2011)

M.ª Victoria Martins Rodríguez e Ángel Rodríguez Gallardo

 
 

Longametraxe documental, betacam dixital, 67 min

Tras a durísima Guerra Civil as mulleres galegas pasaron por enormes dificultades. Un conxunto de mulleres reflexionan sobre o impacto do franquismo na súas vidas: a soidade, a reclusión doméstica, o falanxismo, a submisión, a violencia de xénero, as dificultades para instruírense, o servizo social, o traballo irregular ou o contrabando. En todas esas historias resoan a desigualdade e a invisibilidade das mulleres nun mundo de homes. Contra esa violencia permanente vanse rebelar as mulleres antifranquistas con conciencia feminista. Elas crearán novos espazos cívicos nos que cuestionar o status de control, a xerarquía e o dominio masculino. Non sen problemas. Os avances conseguidos na igualdade social entre os homes e as mulleres están sen completar. Un grupo de mulleres libres e concienciadas formulan algunhas solucións.

 
 
  • Digna Rabia
  • Digna Rabia
  • Digna Rabia

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras