Obra - Susana Rey - Números

Sobremesa

Susana Rey

 
 

DVPAL, 16:9, 2 min, 18 s

Sobremesa fala da banalización da información como unha sarta de "sucesos" encadeados aos que asistimos a diario desde a comodidade da sobremesa. Invértese a situación e a linguaxe para subliñar a indiferenza e a anestesia provocadas pola información. Agora son os propios medios os que, a modo de espello, despregan unha narrativa descritiva e literaria (metáforas, comparacións ou asociacións) que funcionan por contraste para informarnos e alertarnos da nosa inmunidade na confortabilidade das nosas casas, á vez que evidencian a súa actuación interesada, eurocéntrica e reprodutora dos xéneros no tratamento da información. Unha noticia sobre un dos grandes relatos do xénero masculino como é a guerra, por exemplo, pasa desapercibida entre outros sucesos cotiáns do universo pretendidamente feminino.

 

 
 
  • Créditos
    • Dirección, guión, cámara e montaxe: Susana Rey
    • Produtor: Xurxo Estévez
    • Intérprete: Irene Lourido
    • Dirección artística e de fotografía: Susana Rey
    • Auxiliares de cámara: Xacobe Vidal e Manuel V. Bastón
    • Imaxe gráfica: Dídac Ballester
    • Localizacións: estudio de informativos da TVG 

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras