Obra - Susana Rey - Números

Cousas do Kulechov (2007)

Susana Rey

 
 

Curtametraxe, vídeo, 21 minutos

Curtametraxe experimental na que, baixo a inspiradora luz de L. V. Kulechov, a autora pon a proba a elasticidade da montaxe para chegar a unha reflexión arredor da fraxilidade e a veracidade do que vemos e escoitamos. A montaxe cinematográfica revélanos a trampa da máis cruel e inxustificada das montaxes: a guerra. Nun percorrido pola paisaxe, os costumes e a actualidade  galega presentamos un suposto conflito bélico onde un exército invasor ataca as costas galegas. Así, constrúese un "falso documental" no que a frota de guerra son as bateas ordenadas sobre a ría, o asalto ás praias, as mariscadoras entrando no mar; as bombas, os petardos e foguetes das festas.

 
 
  • Créditos
    • Guión, dirección, fotografía e edición: Susana Rey
    • Axudante de produción e fotografía: Xurxo Estévez
    • Narradores: Anxo Quintela e Graham Standing
    • Son, mesturas e masterización: Oto Servicios de Audio
    • Deseño 3D de cabeceira: Manuel Lareo
  • Premios, festivais e proxeccións

    Premios

    • Premio Mestre Mateo á mellor obra experimental ou interactiva, Academia Galega do Audiovisual, Compostela, 2008
    • Premio á mellor curta experimental, Riviera Maya Underground Film Festival, México, 2008
    • Mellor curta galega en Curtocircuíto, Santiago de Compostela, 2007
    • Mención de honra na XXXIV Jornada Internacional de Cinema da Bahía, Brasil, 2007
    • Segundo premio á mellor curta documental, Festival Internacional Curt Doc, Vidreres, Girona, 2008
    • Premio do público ON & OFF, Festival Creativo de Curtas, Ribadeo, 2007
    • Premio Galicia á mellor curtametraxe galega en lingua galega, XXXV Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino, Vilagarcía, 2007

    Ademais foi seleccionada e proxectada en numerosos festivais.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras