Obra - Soledad Rebollo Piñeiro - Si muero esta noche

Si muero esta noche (2015)

Soledad Rebollo Piñeiro

 
 

Videoclip, 4 min, 23 s

O vídeo representa a natureza dun amor tóxico, cheo de excesos, a través de metáforas. Existen tres fases diferenciadas: o lume, que representa a paixón, a calor do principio, o perigo de incendio; a auga, o proceso de arrefriamento necesario para apagar o lume, a risco de afogar; e o vento, que seca a auga que desborda, a risco de provocar un ciclón. O protagonista pretende comunicarse a través dunha carta que non consegue chegar nunca ao seu destino. Comunicación contaminada e frustrada por culpa dunha mala xestión dos sentimentos. As palabras morren esa noite nas chamas dun amor sen futuro.

 
 
  • Si muero esta noche,
  • Si muero esta noche,
  • Si muero esta noche,

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras