Obra - Sol Alonso - Hágase la luz. Anacronismo del origen de lo visible

Hágase la luz. Anacronismo del origen de lo visible (2011)

Sol Alonso

 
 

Vídeo monocanle (bucle), HDV 1080p, estéreo, cor, 5 min, 30 s

A obra toma como referencia o significado literal da frase bíblica "Hágase la luz", que establece a orixe do mundo. No vídeo formúlase a idea de que, ao recrear con imaxes o enunciado emitido na orixe dos tempos, se produce o máis amplo dos anacronismos: desde o momento no que o sentido desta frase materializou o acto de creación da orixe ata o momento do presente da obra, na que o seu sentido non varía e pretende a mesma función como acto orixinario de creación do visible; un anacronismo que se efectúa constantemente cada vez que a obra é reproducida. A frase e o acto de materialización están fóra do tempo e pertencen a todos os tempos: como aquilo que, unha vez materializado, resiste ad aeternum.

 
 
  • Hágase la luz. Anacronismo del origen de lo visible
  • Hágase la luz. Anacronismo del origen de lo visible
  • Hágase la luz. Anacronismo del origen de lo visible

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras