Obra - Sheila Broullón - Eco de recuerdos olvidados

Eco de recuerdos olvidados (2015)

Sheila Broullón

 
 

Vídeo instalación (1280 x 720), 6 min, 40 s

Obra autobiográfica non narrativa que afonda nos sentimentos e as emocións, pensada como unha videoinstalación para ser proxectada nun espazo. Trátase dunha sucesión de planos filmados desde a mirada dunha persoa que vai avanzando ou, pola contra, retrocedendo na súa memoria a través dun estreito corredor. A idea do corredor concibido como un espazo labiríntico está asociada coa forma na que viaxamos de maneira constante polo noso cerebro para localizar instantes que forman parte doutro tempo. Cando os localizamos preséntanse como unha luz procedente dun espazo que actúa como contedor do recordo; pero que pasa co que xa non se pode recordar? Ao final dámonos de conta de que esa insistencia conduciunos ao momento no que aínda non eramos, á nosa propia desaparición. No afán por recordar o noso nacemento asistimos á nosa "morte".

 
 
  • Eco de recuerdos olvidados
  • Eco de recuerdos olvidados
  • Eco de recuerdos olvidados

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras