Obra - Sheila Broullón - Circle

Circle (2005)

Sheila Broullón

 
 

Vídeo (1280 x 720), animación tradicional, 3 min, 24 s

Eva é unha nena pequena, de entre uns 4 ou 5 anos, que vive na súa imaxinación un mundo de fantasía. O mundo de Eva reflicte a inocencia, a creatividade e a imaxinación propias dunha nena da súa idade. Pero na súa mente non todo é cor de rosa, xa que no seu camiño acontecen certos problemas que ela terá que resolver para seguir adiante no seu perfecto mundo. Estes obstáculos son o reflexo dos medos que atormentan os nenos e as nenas en certas etapas da súa infancia. Tamén son o símbolo da madurez, pedras que se interpoñen no seu camiño a medida que avanza e que se deben resolver para ir crecendo e madurando. Pero Eva non está soa, está acompañada da súa amiga, unha vaca de peluche animada, que lle axuda á pequena a resolver eses obstáculos que se lle presentan para saír adiante. A vaca representa ese boneco que todo neno e toda nena ten cando é pequeno e do que non se separa ou, noutros casos, o amigo imaxinario co que fala. Pero, no fondo, o boneco tamén representa a outra parte da personalidade da pequena.

 
 
  • Circle
  • Circle
  • Circle

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras