Obra - Pilar Sueiro - Retazos galegos

Retazos galegos (1983)

Pilar Sueiro

 
 

Curtametraxe, 35 mm, 6 min

Evocando a figura do insigne escritor, debuxante e político galego Castelao, esta curtametraxe, politicamente reivindicativa, supón unha aproximación documental á fascinante Galicia e ás súas xentes. Peza rodada integramente en Nigrán e difundida pola emblemática distribuidora José Esteban Alenda. Nos periódicos galegos a proxección da curta anunciábase na carteleira como complemento da longametraxe correspondente.

 
 
  • Créditos
    • Guión e dirección: Pilar Sueiro
    • Produción: Pilar Sueiro para PS Films
    • Xefa de produción: Adela Boronat
    • Fotografía: José de la Rica
    • Montaxe: Juan Pinzás e Antonio Pérez
    • Axudante de dirección: Blanca Rodríguez
    • Técnicos en rodaxe: Enrique de Prado e Carlos Rodríguez
    • Voz en off (narrador): Juan Pinzás
    • Cancións: Fernando Caamaño
    • Laboratorios: Madrid Film
    • Estudios de son e montaxe: Tecnisón
    • Cámaras: Cámara Rent Internacional  (cámara 35 mm, Arriflex II C)
    • Material eléctrico: Fernando Moreno
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Exhibida comercialmente en cinemas de toda España e en varios festivais
  • Críticas, artigos e entrevistas

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras