Obra - Pilar Sueiro - Cuando el mundo se acabe te seguiré amando

Cuando el mundo se acabe te seguiré amando (1998)

Pilar Sueiro

 
 

Longametraxe, 35 mm, 1 h, 25 min

Natalia, unha moza pintora de puxante éxito, ama apaixonadamente a Hugo, o home co que comparte a súa vida, un escritor nunha grave crise creadora que escribe historias esperpénticas de mulleres rutilantes que viven incribles fantasías. Natalia confunde o mundo de ficción do seu compañeiro coa propia realidade que ameaza acabar coa súa relación de parella, polo que decide converterse nas distintas heroínas das novelas de Hugo, crendo que así recuperará o seu amor.

Con esta película Pilar Sueiro converteuse na primeira muller galega directora dunha longametraxe

 
 
  • Créditos
    • Guión e dirección: Pilar Sueiro
    • Produtores: Juan Pinzás e Pilar Sueiro para Atlántico Films
    • Produtor executivo: Juan Pinzás
    • Xefa de produción: Marga Costa
    • Fotografía: Gerardo Moschioni
    • Música: Juan Sueiro
    • Cancións: Juan Sueiro e Juan Cook
    • Montaxe: Antonio Lara e María Lara
    • Enxeñeiro de son: Fernando Luna
    • Técnicos de mesturas: Johnny Bleep e Manuel Rodríguez  
    • Axudantes de dirección: Caridad A. Taría e Jesús S. Lemus
    • Secretaria de rodaxe: Itziar Azcoaga
    • Dirección artística e vestiario: Marta Fenollar
    • Maquillaxe e peiteado: Silvia Batlle
    • Xastra: Assumpta García
    • Xefe de eléctricos: Javier Caro
    • Axudante de cámara: Miguel Valcárcel
    • Son en rodaxe: Nina Revenga
    • Microfonista: César Sánchez-Sarachaga
    • Cadros da exposición: María Calvet
    • Retratos de muller espacial: Juan Carter "El gato"
    • Estudos de son: Luna Faraco
    • Estudos de montaxe (Avid): Corte Digital
    • Laboratorios: Fotofilm Madrid
    • Cámaras: E. P. C. (cámaras 35 mm Arriflex BL-I / BL-II)
    • Material eléctrico: Iluminación, Cine y Televisión
    • Elenco: Cristina Piaget, Beatriz Rico, Guillermo Montesinos, Julio Diamante, Lucas Fuica, Enrique Escudero, Juan Becerra, Cari Antón, Pilar Constanza, Enrique Reyes, Yolanda Mancebo, Juan Rodríguez, Mimi Fuentes e Luis Amérigo
    • Colaboracións especiais de Luis García Berlanga, Paul Naschy, Juan Pinzás, Antonio del Real, Andrés Aberasturi e Nieves Herrero
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Exhibida comercialmente en cines de toda España
    • Festival de Cine de Toulousse
    • Festival Internacional de Cine de San Juan de Luz
    • Festival de Cine de Miami
    • Festival de Cine de Costa Rica
    • Semana de Cine Español de Lorca
    • Festival Internacional de Cine de la Mujer de Sevilla
    • Festival Internacional de Cine de Ourense
    • Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia
  • Críticas, artigos e entrevistas

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras