Obra - Olaia Sendón Ogando - Os fabulosos irmáns da luz

Os fabulosos irmáns da luz (2008)

Olaia Sendón

 
 

Curtametraxe, 17 min, 47 s

A autora pregúntase se gardarán os espazos memoria do que teñen sido. O pano baixa, as luces apáganse, a derradeira sesión. A xente que outrora encheu as salas déixalles paso aos habitantes silenciosos do paso do tempo. As arañas tecen o seu fío e as pinturas, antes luminosas, apáganse e rompen. Unha atmosfera de po circula libremente entre as butacas nas que as couzas construíron as súas casas. Ruínas, ruínas. Plástica mestura de espazo e memoria. Unha voz triunfal e case circense rompe o silencio: "Señoras e señores, benvidos ao espectacular fenómeno do cinematógrafo". Luces e sombras oscilan e dan forma aos espazos mortos que, por un momento, recuperan os ecos do que foron.

 
 
  • Créditos
    • Dirección: Olaia Sendón Ogando
    • Guión: Olaia Sendón Ogando
    • Intérpretes principais: Gustavo Pernas
    • Son: Lucas Pardo
    • Montaxe: Eva Matarranz
    • Música orixinal: Silvia Penide e Alejandro Masafret
    • Deseño gráfico: David Pazos
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Festival de Cine de Nantes, 2015
    • Palexco, A Coruña, 2010
    • Seleccionado para o Festival de Cine de Málaga
    • Seleccionado para o OUFF
    • Presente na SH Contemporary, Shanghai, 2009
    • Formou parte da Exposición Derradeira Sesión
    • Casa da Parra, Compostela, 2009
  • Os fabulosos irmáns da luz
  • Os fabulosos irmáns da luz
  • Os fabulosos irmáns da luz

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras