Obra - Olaia Sendón Ogando - Míjau

Míjau (2014)

Olaia Sendón

 
 

Curtametraxe, 7 min, 56 s

Michal describe en catro idiomas diferentes os países nos que viviu, intentando dar resposta a unha pregunta ben sinxela: "De onde son?". Para iso o filme trata dúas temáticas fundamentais: a construción da memoria e da identidade. Michal non é un visitante, non é un nómade, é un habitante cun forte compromiso co lugar no que vive. É a través deste compromiso como constrúe o relato da súa memoria. Michal fainos viaxar a través do tempo só para logo desmontarnos a importancia do relato (da memoria), explicándonos cales son os momentos que quedan entre medias, o cotián, as cousas sen importancia, as que efectivamente vinculan a súa identidade co lugar de onde é.

 
 
  • Créditos
    • Intérprete: Michal Kamac
  • Premios, festivais e proxeccións

    Obra seleccionada para formar parte do Curtmetratges Gandules, organizado polo CCCB de Barcelona, e tamén do Festival Internacional de cine Independiente de Elche e do FACA (Lisboa)

  • Críticas, artigos e entrevistas
  • Míjau
  • Míjau

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras