Obra - Olaia Sendón Ogando - Kauflan

Kauflan (2014)

Olaia Sendón

 
 

Curtametraxe, 5 min

Kauflan é unha serie de textos que os amigos da autora leron diante da cámara. É unha metáfora do mundo en crise que lle tocou vivir á xeración da autora: "Pertenzo a unha xeración á que se lle dixo que todo era posible, que o mundo era marabilloso e que España ía ben. Estreabamos a liberdade pola que loitaran os nosos pais. Estudamos, aprendemos idiomas; ‘mozos sobradamente preparados', dicían de nós. Triste comprobar que esa afirmación era certamente real e que ese mundo de oportunidades non era máis que a sección de oportunidades dun comercio global; e, mentres ese futuro que imaxinamos se creba, vemos como a liberdade e os dereitos que herdamos se van diluíndo tras unha cortina de medo e parálise". Deste shock nace Kauflan.

 
 
  • Créditos
    • Intérpretes: Sonia Fernández Varela, Olaia Bonigno, Raquel Pedreira, Arturo Losada, Beatriz Fontán, Iria Orizales, Josecho Lema e David Pazos
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Seleccionada para formar parte do Proyector, mostra en paralelo en Madrid (Matadero), Oaxaca, Lisboa e Milán
    • Seleccionada para formar parte da exposición La Gran Máquina, dentro da mostra de creación contemporánea Embarrat (Tarrega)
    • Seleccionada para a exposición Se Alquila Estado, mostra en paralelo en Madrid, Guatemala e Bos Aires
    • Gañadora do VIII Premio Novos Valores, Auditorio de Galicia
  • Kauflan
  • Kauflan
  • Kauflan

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras