Obra - Olaia Sendón Ogando - A casa de Lola de Andrés

A casa de Lola de Andrés (2007)

Olaia Sendón

 
 

Mediametraxe, 34 min

"O pasado non o hai que perder de vista porque para entendermos quen somos e para ir cara adiante sempre hai que telo presente". A memoria esvaécese e o pasado non é máis que un eco no espazo que o acolleu. Hoxe estes ecos dilúense nun espazo cambiante, vítima da salvaxe e irreversíbel especulación inmobiliaria. A Costa da Morte está á venda. Baixo a fachada de prosperidade económica, o fenómeno inmobiliario agacha a emigración, a falta de industrias, a desestruturación económica e a especulación, perfilando un futuro no que os pobos se desartellan e onde se promove un desprezo total á contorna, unha contorna que, en certa medida, é a que nos di quen somos.

 
 
  • Créditos
    • Dirección: Olaia Sendón Ogando
    • Fotografía: Olaia Sendón Ogando e Linda D'onoffrio
    • Son: Enrique Trastoy e Yago Coronilla
    • Montaxe: Eva Matarranz
    • Música orixinal: Silvia Penide
    • Deseño gráfico: David Pazos
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Festival de Cine de Málaga, sección oficial
    • Alcances, Festival de Cine Documental de Cádiz, sección oficial
    • Festival de Cine Independente de Ourense, sección oficial
    • Forma parte do DOCLAB (Cinemajove de Valencia)
    • Proxectado en Vigo, A Coruña, Pontevedra e Ljubjana (Eslovenia)
    • Formou parte do proxecto Cinemas Dixitais, da Axencia Galega do Audiovisual
  • A casa de Lola de Andrés
  • A casa de Lola de Andrés
  • A casa de Lola de Andrés

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras