Obra - Mar Caldas - Striptease literal

Striptease literal (1997-2004)

Mar Caldas

 
 

Vídeo monocanle (minidv), 1 min, 38 s

Striptease literal é unha tradución á linguaxe de vídeo dunha obra textual (texto mecanografado sobre feltro) de 1997. No vídeo, desprovisto de toda sensualidade, xógase co voyeurismo do espectador. Frustrando as posibles expectativas -non se amosa imaxe corporal ningunha- só se enumeran, unha a unha, as pezas de roupa que se van quitando. O ruído seco dos golpes no teclado e a frialdade da pantalla do ordenador duplican o ton frío da linguaxe empregada nun texto que, finalmente, xira cara á ironía.

 
 
  • Striptease literal
  • Striptease literal
  • Striptease literal

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras