Obra - Mar Caldas - Péndulo

Péndulo (2001-2002)

Mar Caldas

 
 

Videoinstalación, 2 canles de vídeo (minidv), branco e negro, sen son, 7 min e 52 s cada vídeo

Obra exhibida en dous monitores planos encaixados na parede, ocultando o aparello de reprodución, de tal xeito que ambas as imaxes semellan xanelas abertas no muro, con idéntica altura e cunha pequena separación entre elas. O espectador pode aprehender simultaneamente as dúas imaxes desde unha distancia de visualización normal. A maior distancia semellan imaxes estáticas, xa que cada vídeo amosa un ollo, en primeirísimo plano, no que o único movemento é o incesante desprazamento lateral do iris. Situados en correspondencia coa posición do espectador, coma se fosen espellos -no monitor esquerdo o ollo esquerdo e á inversa- inducen a seguir o movemento dos ollos, acadándose un estado hipnótico. A saturación do sistema perceptivo intensifícase polo emprego doutros recursos coma a asimetría e a asincronización entre ambas as imaxes. O vídeo gravouse con luz infravermella, que deu como resultado unha imaxe onírica, en certo grao, que contrarresta co aspecto científico xerado pola fragmentación e a ampliación extrema da imaxe ocular.

 
 
  • Créditos
    • Edición: Pascual Ibáñez

    Obra realizada durante a bolsa de Creación no Estranxeiro Unión Fenosa 1999

  • Premios, festivais e proxeccións
    • Líneas de Fuga, Galería Bacelos, Vigo, 2002
    • Exposición de becarios Mar Caldas, Mónica Alonso, Manuel Vázquez, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2002-2003
    • Fondos da colección do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, salas temporais, 2003-2005
    • Fragmentos del Todo: Arte Español Actual en la Colección del MACUF, itinerante entre 2006 e 2008 por centros de Italia, Croacia e Bulgaria
    • Miradas de Hoy. Fondos de la Colección del MACUF, Instituto Cervantes, Varsovia, 2008

    Publicacións

    • Catálogo individual Mar Caldas, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa ed., A Coruña, 2002
    • Audiovisual en VHS Exposición Becados Unión Fenosa 02, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa ed., 2003
    • Catálogo colectivo Colección de Arte Contemporáneo, Unión Fenosa ed., Madrid, 2007, p. 96
    • Catálogo colectivo Fragmentos del todo: Arte español actual en la colección del MACUF, Instituto Cervantes de Nápoles, Instituto Cervantes de Milán, Unión Fenosa ed., Nápoles, 2006, pp. 2021
    • Catálogo colectivo Miradas de hoy. Fondos de la Colección del MACUF. Instituto Cervantes ed., Polonia, 2008, pp. 6263
    • Catálogo colectivo MAC. Colección de Arte Contemporáneo Español de Gas Natural Fenosa. Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural Fenosa ed., A Coruña, 2014, p. 268
  • Críticas, artigos e entrevistas
  • Péndulo
  • Péndulo
  • Péndulo

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras