Obra - Mar Caldas - La casita de Elena

La casita de Elena (2011)

Mar Caldas

 
 

Vídeo monocanle, sen son, 4 min, 40 s

Ao longo de varios meses, a diferentes horas do día, a autora fotografou desde a súa xanela a fachada lateral de La Casita de Elena, un coñecido prostíbulo de Vigo. Negando a posición voyeurística, a cámara respecta a distancia visual, urbanisticamente existente, entre esa casa e a súa, sen penetrar no espazo íntimo, tan só recollendo os xogos de cor e o movemento de xanelas, cortinas..., produto da actividade doméstica, banal e cotiá que se desenvolve durante o día. As fotografías, encadeadas, conforman un híbrido entre a imaxe estática e a imaxe móbil. A firmeza do punto de vista e o silencio dan lugar a unha peza videográfica que xera un espazo contemplativo, moi propio do cadro pictórico.

 
 
  • Créditos
    • Dirección, realización e guión: Mar Caldas
    • Edición: Pascual Pérez
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Exposición individual Pegadas do Desassossego/Rastros del Desasosiego de Mar Caldas, Casa Fernando Pessoa, Lisboa, 2011
    • Obra seleccionada para Region 0. The Latino Videoart Festival of New York, organizado por King Juan Carlos I of Spain Center, Nova York (do 24/03/11 ao 26/03/11)
    • Posteriormente as obras de Region 0 son expostas entre 2011 e 2012 en festivais e centros de arte:
    • Window to Spain. Manhattan Program, Big Screen Plaza, New York, 2011
    • 4º Festival Internacional de Videoarte de Camagüey, Cuba, 2011
    • 2º Festival Internacional de Vídeo Creación Close Up Vallarta, México, 2012
    • Art Museum of the Americas AMA, Washington DC, 2012
    • Espacio El Tragaluz Digital, Sala de Arte Contemporáneo del Gobierno de Canarias, Santa Cruz de Tenerife, 2012
    • Universidad de Sevilla, 2012
    • Museo de Arte Contemporáno de Vigo MARCO, 2012
    • Centro Metropolitano de Diseño, Buenos Aires, 2012
    • Obra seleccionada para Mobile Projection Unit: Program TWO, comisariado por Jorge Bachmann e Paz de la Calzada, organizado por Luggage Store Gallery, San Francisco, 2011
    • Publicación: catálogo individual Pegadas do desassossego. Rastros del desasosiego. Mar Caldas, Casa Fernando Pessoa, Câmara Municipal de Lisboa ed., Lisboa, 2011
  • Críticas, artigos e entrevistas

     

  • La casita de Elena
  • La casita de Elena

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras