Obra - Mar Caldas - Guauh!!!

Guauh!!! (2010)

Mar Caldas

 
 

Vídeo (súper 8 dixitalizado, minidv), 30 s

Neste minúsculo vídeo xógase cos consabidos sentimentos que o mundo infantil provoca nos adultos, especialmente cando se trata de nenas, o cal implica que existe unha serie de expectativas ou, mellor, esixencias, respecto das súas propiedades e os seus comportamentos. No vídeo vese unha nena bambeándose nunha randeeira e rindo. A secuencia procede dunha filmación en súper 8 de finais dos anos 60. Varios segundos despois a cabeza da nena convértese na dunha cadela e os ladridos veñen interromper o silencio do filme. Ese guauh!!! ben pode provocar un sobresalto no espectador que estaba a asistir a unha escena tan cándida, pero a presumible violencia do acto de ladrar acaba provocando comicidade polos movementos e as características da cadela. Estes xogos coa duplicidade esténdense ao dobre significado que se dá ao termo "cadela", así como ao da onomatopea guauh!!!

 
 
  • Guauh!!!
  • Guauh!!!
  • Guauh!!!

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras