Obra - Mar Caldas - Baño público

Baño público (2007)

Mar Caldas

 
 

Video monocanal (minidv), 8 min

A acción recollida nesta peza videográfica consiste, basicamente, no baño dunha muller nunha fonte pública, no que emprega os utensilios habituais con gran meticulosidade, coma se estivese na súa casa. O vestido que leva a actriz, que semella unha das túnicas utilizadas nos bautizos colectivos, actúa como un veo sobre o corpo nu. A autora explorou diferentes vías para evitar a ollada voyeurística sobre o filme e crebar o canon que lle proporciona ao espectador de cinema a ilusión de ollar un mundo privado. Para iso traballou coa ollada da actriz e con recursos antinaturalistas. A actriz, puntualmente, dirixe unha ollada frontal e sostida á cámara -mirada "prohibida" no cinema-, provocando a incomodidade no espectador, ao sentir que é increpado por estar ollando. Respecto do antinaturalismo, diversas solucións formais outorgan artificiosidade á imaxe e mais enrarecemento ao comportamento da muller representada.

 
 
  • Baño público
  • Baño público
  • Baño público

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras