Obra - Manuela Elizabeth Rodríguez - Sementes do corazón

Sementes do corazón (2014)

Manuela Elizabeth Rodríguez, "Molita"

 
 

Curtametraxe de animación, 3 min e 43 s

Sementes do corazón é unha interpretación subxectiva do ciclo celular baseado nas súas funcións: nutrición, reprodución e, especificamente, a función de relación. Como inicio do ciclo aquí representado tómase o instante no que aparece unha nova célula, descendente doutra que se divide. Ao principio da súa vida está sa e colorida, posteriormente vai decaendo e outra célula axúdalle a recompoñerse e levantarse para continuar coa súa viaxe. As estruturas iniciais, con forma de célula simplificada, van alterando a súa forma ata converterse en figuras antropomórficas, mantendo sempre a presenza do seu núcleo ou corazón de acuarela. Trátase dunha animación que expresa os cambios que sofren os organismos en contacto co seu medio e con outros seres que os rodean, na que está presente a delicadeza da liña do bosquexo a lapis. Ademais, vai acompañada de manchas de acuarela cambiantes que compoñen os núcleos ou corazóns dos nenos protagonistas.

 
 
  • Sementes do corazón
  • Sementes do corazón
  • Sementes do corazón

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras