Obra - Lisi González - De porta en porta

De porta en porta (2010)

Lisi González

 
 

Mini dv vídeo, 38 min

Na antiga terra de Turonia, concretamente na comarca do Baixo Miño, e no territorio portugués do Alto Miño desenvólvese un rito popular en común que consiste en anunciar as festas e romarías das diferentes parroquias e freguesías da zona con composicións baseadas na percusión (bombos e caixas), guiadas pola melodía da gaita galega, no caso de Galicia, e da concertina, no caso de Portugal. Os encargados de levar a cabo esta tarefa son as agrupacións chamadas "treboadas", na parte galega, e as "zés-preiras", na portuguesa. O documental céntrase nos personaxes dos grupos Treboada, do Baixo Miño, Zés-Preiras, de Sopo, e Treboada Muimenta, de Sobrada, que, a modo de entrevista, nos dan a coñecer o pasado e a historia destes grupos e tradicións e como afrontan o futuro. 

 
 
  • Créditos
    • Celso Díaz, Lino Antón Fernández e Basilio Calzado, investigación e loxística
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Cineuropa 2011
    • Filminho 2011
    • 1º Premio Proxectos Filminho 2010
    • Museo do Pobo Galego
  • De porta en porta
  • De porta en porta
  • De porta en porta

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras