Obra - Laura García Calleja - Silencio por favor

Silencio por favor (2014)

Laura García Calleja

 
 

Curtametraxe narrativa, vídeo monocanle, HD-Color, 1280 X 720. Compresión H.264 11'48 min

Unha moza vive soa nun apartamento nunha urbanización deshabitada. Realiza un autorretrato e, durante o proceso, mira no seu interior (niso consiste un bo autorretrato). A soidade instálase nela e vai tomando conciencia diso, comeza a sentir un gran baleiro arredor: hamacas baleiras, apartamentos baleiros, edificio baleiro. Atemorizada pola soidade que a rodea, comeza a oír ruídos e emociónase coa esperanza de que sexan producidos por algunha persoa que se achega ao lugar. Deixa de lado o seu autorretrato e comeza a desequilibrarse psiquicamente ao comprender que eses ruídos non son máis que produto da súa imaxinación. Comeza a ter pesadelos, sofre ausencias e alucinacións que a levan a un estado paranoico, sucedéndose situacións inexplicables, inquietantes ou desacougantes. Sofre un estado de degradación importante, a súa vida cotiá vese abatida pola soidade que sente e a situación acaba por descontrolarse, de tal maneira que a moza perde toda noción de realidade.

 
 
  • Créditos
    • Data de realización: setembro-decembro, 2014
    • Localización: Raxó, Poio
    • Dirección: Laura García Calleja
    • Guión: Laura García Calleja
    • Fotografía: Laura García Calleja
    • Música: Septicflesh, canción Persepolis, e Synesthesia, canción No creo en mí
    • Reparto: Laura García Calleja e Germán González Pintos
    • Produción: Laura García Calleja
    • Xénero: drama
    • Axudantes de realización: Germán Pintos, Sol Alonso e Fernando Suárez
  • Premios, festivais e proxeccións
  • Silencio por favor
  • Silencio por favor
  • Silencio por favor

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras