Obra - Lara Bacelo - Vaguidades

Vaguidades (2015)

Lara Bacelo

 
 

Vídeo, cor, 5 min, 13 s

A historia comeza cun súper 8 atopado por casualidade entre cartas vellas gardadas nun caixón. Mamá vestida de voda, fráxil e nova. Papá, saudando a cámara.  Os actores son persoas reais de carne e óso. Algúns deles xa non están. Ou quizais todos desapareceron porque xa non son os mesmos. A historia comeza na dúbida de que é o que realmente logra sobrevivir ao tempo.

 
 
  • Vaguidades
  • Vaguidades

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras