Obra - Carme Nogueira -25 minutos 55 segundos diarios

25 minutos 55 segundos diarios (2004)

Carme Nogueira

 
 

Vídeo

Un percorrido, cámara en man, polo interior dunha casa que nos mostra os espazos e obxectos que a conforman e como estes "aparecen" ante os nosos ollos. O título fai alusión ao tempo que foi borrado da gravación orixinal; da mesma maneira representouse o corpo. Entre estes "obxectos atopados" está o libro Cuerpos que importan, de Judith Butler, que nos fai reflexionar sobre como se nos mostra o corpo da propia artista, invisible e paradoxicamente empoderado. Comentario de Azucena Vieites para o ciclo La Feminidad Problematizada, en Montehermoso.

 
 
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Múltiplos de 100, ICAS, Sevilla, 2014
    • Nuevas representaciones/nuevos contextos, ciclo de vídeo creación "Tránsitos", Jornadas Feministas Estatales, Centro José Guerrero, Granada, 2009
    • Contraseñas 3, La Feminidad Problematizada, Montehermoso, Victoria, 2008
    • Procesalia, Coro da Universidade de Santiago de Compostela, 2003
  • 25 minutos 55 segundos diarios
  • 25 minutos 55 segundos diarios 2
  • 25 minutos 55 segundos diarios 3

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras