Obra - Carla Andrade - Xeometría de ecos (árbores, cumbres, paxaros)

Xeometría de ecos (árbores, cumbres, paxaros) (2013)

Carla Andrade

 
 

Videoinstalación, 3 canles de vídeo, vídeo HD, 4 min, 12 s / 3 min / 2 min, 40 s

Videoinstalación de tres canles que forma parte do proxecto de fotografía e vídeo Xeometría de ecos. Serie non narrativa que, mediante a paisaxe, reflexiona sobre a representación do baleiro e o tempo no espazo, simbolizados pola cor branca. As paisaxes baleiradas e esvaecidas, como alegoría do engano sensorial e metáfora de fraxilidade, un estudo dos límites da materia, o ausente, o invisible, a non-forma, o inintelixible, o misterio. O branco preséntase como o neutro, a non-cor. Así se establece unha incógnita. Tanto o branco coma o negro son cores estáticas, pero, ao contrario do negro, o branco é o nacemento e o negro é a morte. Hai unha influencia da pintura tradicional oriental, na que o baleiro é un elemento fundamental na súa filosofía á hora de concibir a realidade. O baleiro enlaza o mundo visible co mundo invisible, posúe unha función activa, constitúe unha entidade vivente, encarna a lei dinámica do real. Suscita a transformación interna e xera o movemento circular, xa que non se conforma con reproducir o aspecto externo das cousas, busca discernir as súas liñas internas e fixar as relacións ocultas que manteñen entre si.

 
 
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Galería Trinta, exposición individual, Santiago de Compostela, 2015
    • CDAN, Centro de Arte y Naturaleza, exposición individual "Geometría de ecos", Huesca, 2015
    • Colegio de España en París, exposición individual "Geometría de ecos", París, 2015
    • Fundación Bilbao Arte, exposición individual "Geometría de ecos", Bilbao, 2014
    • Concello de Villoslada de Cameros, exposición individual "Sombra", La Rioja, 2014
    • MARCO de Vigo, exposición colectiva "Veraneantes", Vigo, 2013
    • CGAC no marco de Cineuropa, Santiago de Compostela, 2013

     

  • Críticas, artigos e entrevistas

     

     

  • Xeometría de ecos (árbores, cumbres, paxaros)
  • Xeometría de ecos (árbores, cumbres, paxaros)
  • Xeometría de ecos (árbores, cumbres, paxaros)

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras