Obra - Carla Andrade - Todos contra

Todos contra (2013)

Carla Andrade

 
 

Curtametraxe, vídeo HD, 13 min

Documental simbólico sobre o caso da estafa das preferentes por parte da entidade Caixanova, hoxe Abanca. Película fragmentaria que busca estar no presente da imaxe. Por esta razón non hai unha base clara ou un principio, xa que bloquearía esa novidade psíquica. Non se remite a ningún arquetipo, ten unha ontoloxía directa. Non é unha película que xurda como causa; é unha repercusión. Fala no limiar do ser, experimentando a súa resonancia para que todo teña un carácter inesperado. Trátase de que cada imaxe en movemento, de forma singular, teña a súa propia comunicabilidade, e hai comuñón entre os actos illados. Negación da prudencia científica. Importancia das resonancias e da variabilidade. Unión dunha subxectividade pura e efémera e dunha realidade que non se constitúe de forma completa necesariamente. Aquí os impulsos visuais xeran unha linguaxe-realidade.

 
 
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Cineuropa 2013, CGAC, Santiago de Compostela

     

  • Todos contra
  • Todos contra
  • Todos contra

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras