Obra - Carla Andrade - Magma

Magma (2014)

Carla Andrade

 
 

Videoinstalación bicanle, vídeo HD, 2 min, 30 s, en bucle

Pingas de lume que crean un universo de asteroides magmáticos. Realidade líquida e gravitatoria, enerxía cósmica, ritmo atomizado. Neuronas dun inconsciente liberado. Idea de expansión que elimina a idea de "alma" como "todo", reducíndoa á condición de unidades de enerxía en perpetuo proceso, partículas elementais sen duración que xorden en perfecta dependencia. O "eu" como unha corrente de unidades de forza en incesante devir que procura a ilusión dunha entidade. Cadea kármica. Idea de que a eternidade reside no transitorio, o eterno perténcelle ao instante. A eternidade como infinitos instantes que conviven. Eternidade non como infinita duración senón como ausencia de temporalidade. Atención do inmediato, da vivencia do agora, porque nada hai permanente. Universo de carácter móbil, procesual, relacional e interactivo de todo o existente. Realidade de xogo de resonancias. Aquí o "obxecto" concíbese como algo que se vai constituíndo, completándose, perdéndose e recuperándose co ritmo vibrátil dun universo en produción incesante.

 
 
  • Créditos
    • Música: Jonathan Kawchuk
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Galería Trinta, exposición individual, Santiago de Compostela, 2015
    • MAC, Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural Fenosa. Exposición individual "Kuch Nahi", A Coruña, 2015
    • Casa das Artes de Vigo, exposición individual "Choven manchas de tempo", Vigo, 2014
    • Espacio Miramemira, exposición individual "Sombra", Santiago de Compostela, 2014
    • Concello de Villoslada de Cameros, exposición individual "Sombra", La Rioja, 2014
  • Magma
  • Magma
  • Magma

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras