Obra - Carla Andrade - Bocanoite

Bocanoite (2014)

Carla Andrade

 
 

Curtametraxe, vídeo HD, 16 min

A auga é unha misteriosa combinación do misterioso e do material. (...) A auga é transparencia derivada da presenza de todo

(fragmento extraído do monólogo Saying Water, de Roni Horn)

Anoitecer sobre un lago que funciona como espello. Vemos como a escuridade da auga reflicte a escuridade do ceo, a cor da auga cambia constantemente. Aquí a auga escura é sempre violenta, aínda que estea queda. Trátase dunha escuridade psicolóxica e fala sobre a condición humana, xa que é un elemento que está en todas as partes; no continuo invisible, a auga está incluída.  Inspirándose na idea de "imaxe-tempo" desenvolvida por Guilles Deleuze, nesta peza mestúranse "cortes móbiles", que expresan cambios no todo, que son o movemento real, con "cortes inmóbiles", que son movementos ilusorios consecuencia da montaxe. Mediante o encadramento fixo xérase un espazo, póñense uns límites, o que orixina un corte inmóbil, ao igual que sucede na pintura ou na fotografía. Non obstante, este espazo non está completamente pechado, xa que o que vemos, coma na fotografía, invoca o que non vemos. Este seleccionar un espazo dun continuo remítenos ao fóra de campo, debido tamén ao movemento; ábrese ao todo non visible. Dentro deste cadro prodúcense cambios nas posicións, que é o que xera a verdadeira imaxe-tempo dotándoa de plasticidade, de movemento físico e de tempo espiritual.

 
 
  • Premios, festivais e proxeccións
    • FilmaMadrid 2015, sección Pasajes de Cine
    • Casa das Artes de Vigo, exposición individual "Choven manchas de tempo", 2014
    • Fundación BilbaoArte, exposición individual "Geometría de ecos", Bilbao, 2014
    • Auditorio de Galicia, exposición colectiva, Santiago de Compostela, 2014
    • Cineuropa 2013, CGAC, Santiago de Compostela

     

  • Bocanoite
  • Bocanoite
  • Bocanoite

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras