Obra - Carla Andrade - 2014, o desbordamento

2014, o desbordamento (2013)

Carla Andrade

 
 

Curtametraxe, vídeo HD, 4 min, 40 s

Amencemos en París, a finais de 2013, e mergullámonos nunha viaxe simbólica a través dunha natureza subxectiva, que experimenta directamente a realidade, sen analizala. Abolición do pensamento para ser substituído pola consciencia e a inconsciencia. Exploración intuitiva. Mediante as variacións do son e as alteracións da imaxe experimentamos a transitoriedade e mutabilidade do significado e a percepción formal desta. Trátase de penetrar directamente no obxecto mesmo e velo desde dentro; neste caso, as copas duns eucaliptos, dos que vemos a súa vida vibrando dentro de si mesma. Cada imaxe en movemento, de forma singular, ten a súa propia comunicabilidade e hai comuñón entre os actos illados.

 
 
  • Premios, festivais e proxeccións
    • CDAN, Centro de Arte y Naturaleza, exposición individual "Geometría de ecos", Huesca, 2015
    • Colegio de España en París, exposición individual "Geometría de ecos", París,  2015
    • Casa das Artes de Vigo, exposición individual "Choven manchas de tempo", Vigo, 2014
    • Fundación BilbaoArte, exposición individual "Geometría de ecos", Bilbao, 2014
    • Concello de Villoslada de Cameros, exposición individual "Sombra", La Rioja, 2014
    • Sala Amadís, exposición colectiva "Reset V2", Creación Injuve, Madrid, 2014
    • Galería Solar, "The overflowing", Vila do Conde (Portugal), 2014
    • Galería Mr. Pink, exposición colectiva "Frame Fatale", comisariada por Screens, Valencia, 2014

     

  • 2014, o desbordamento
  • Bocanoite
  • 2014, o desbordamento

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras