Obra - Belén Andrés Iglesias - Alex

Alex (2015)

Belén Andrés Iglesias e Elena Bello Iglesias

 
 

Video narrativo, HD vídeo, estéreo, cor e b/n, 2 min, 57 s

Proxecto de fin de grao, realizado en conxunto con Elena Bello (parte de deseño), que trata do non xénero e da non diferenciación. O vídeo baséase na idea de que a identidade a escollemos nos mesmas, non nola impón a sociedade. Varios seres humanos nacen na natureza e atópanse nunha caixa na que encontran prendas de vestir que poñen. A proxección comeza en branco e negro debido a que os seres humanos nacen sen identidade propia, só teñen a que lles outorgan os seus órganos sexuais. O único elemento que vemos en cor, a caixa amarela, garda no seu interior roupa; isto fai referencia á identidade de cada ser. Eles mesmos escollen que poñerse, coma se elixisen a súa identidade. A partir deste punto, unha vez definida a identidade, o vídeo comeza a ter cor. Na segunda parte vemos como as personaxes xogan a intercambiarse a roupa. Cada ser humano defínese pola súa propia identidade, que pode variar/modificarse ao interrelacionarse con outros seres humanos. Isto lévanos á conclusión de que todos somos iguais.

 
 
  • Créditos
    • Equipo técnico: Belén Andrés Iglesias e Elena Bello Iglesias
    • Elenco: Wendy Blanco, Uxía Fernández, Elisabel de Freitas, Gaspar Iglesias, Iván Iglesias, Pablo Loureiro, Violeta Mosquera e Manuel Suárez
  • Alex
  • Alex
  • Alex

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras