Obra - Begoña Santiago - Little Boxes

Little Boxes (2012)

Begoña Santiago

 
 

Vídeoinstalación interactiva-reactiva

Little Boxes é unha videoinstalación interactiva-reactiva formada por catro elementos: unha parte escultórica, videoproxección, a presenza do espectador e un sistema de traking video. A instalación recrea a maqueta dunha cidade. Sobre as casas podemos ver pequenas personaxes proxectadas.

A peza reflexiona sobre o medo de toda civilización a ser destruída e o uso deste medo como instrumento de control. O xénero de películas de terror e catástrofes é un claro exemplo de como a industria do entretemento banaliza e simplifica conflitos culturais.

Little Boxes, cuxo referente máis próximo é este tipo de cinema, preséntase como un xogo inxenuo e case infantil, pero na realidade é unha profunda sátira sobre os mecanismos de poder. Neste caso o absurdo do xogo reside en saber que aquilo que xera medo é un mesmo. Os membros da sociedade civil son representados por pequenas figuras proxectadas, mentres a orde social que regula as accións dos cidadáns é o sistema interactivo de videotracking. Así, o espectador é colocado no papel do monstro, esa criatura non natural, cuxas accións están en contra da sociedade e cuxa presenza é un símbolo de rexeitamento, incomprensión e medo.

 
 
  • Little Boxes
  • Little Boxes

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras