Obra - Area Erina - Derrota programada

Derrota programada (2015)

Area Erina

 
 

Vídeo, 2 min, 58 s

Derrota programada é unha provocación, unha maneira de instar a concluír o que está anunciado e sabido. Un corpo de muller que se enfronta, disposta a ser maltratada e devorada para dar fin á estratexia psicolóxica e intelectual de anulación á que está sendo sometida. No vídeo a figura da muller está representada cun atavío que lembra a reclusión. A infancia aparece mutilada, como representación da perda da ilusión e de calquera elemento esperanzador. Sordidez, abstracción e fuxida cara adiante nun universo onírico onde a presenza corpórea é constante, como querendo recordarnos que nese corpo hai vida. 

 
 
  • Créditos
    • Música: Jesús Andrés Tejada e Pablo Muñiz
    • Letra e voz: Silvia Penas
    • Actriz/actor: Helena e Antón
    • Realización do vídeo: Area Erina
  • Premios, festivais e proxeccións
    • Selección Oficial Festival Visible Verse 2015, Canadá
  • Derrota programada
  • Derrota programada
  • Derrota programada

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras