Obra - Andrea Vázquez García - A imaxe Reb/velada

A imaxe Reb/velada (2015)

Andrea Vázquez García

 
 

Longametraxe documental, 65 min

En febreiro de 2008 a familia de Carmen e Toño recibiu un correo electrónico moi sorprendente no que un familiar afastado volvía poñerse en contacto con eles tras corenta anos de silencio. Na familia quedara o recordo de Baldomero pola visita que lles fixeran el e a súa muller, Velia, no ano 1967, nun momento in media res que se deu entre a vida que deixaban atrás en Bos Aires e Lima e a que estaban a punto de comezar en París. Foi aquela unha viaxe a Galicia na que o fotógrafo Baldomero se reencontrou co lugar onde nacera e que tivo que abandonar, con tan só catro anos, por mor da inmigración. O que viviu tras esta visita quedou como unha incógnita para a familia. En 2008 Baldo regresa a Galicia con 90 anos e instálase en Castroverde. Entre cartas, libros, música, debuxos, negativos e longas conversas Carmen, Toño e Baldo van revelando toda unha vida, resignificándoa a través da literatura, a fotografía e a pintura e pechando o círculo dunha gran viaxe.

 
 
  • A imaxe Reb/velada
  • A imaxe Reb/velada
  • A imaxe Reb/velada

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras