Obra - Andrea Area - Culturhelp

Culturhelp, Ciclo Cultural Solidario. "1 quilo de cultura, 1 quilo de axuda" (2015)

Andrea Area

 
 

Teaser: Culturhelp, formato vídeo 1080 HD, 1 min, 50 s
Making off: A mobilización dun pobo, formato vídeo 1080 HD, 6 min, 38 s

Culturhelp é un proxecto que naceu en outubro de 2014 co obxectivo de converterse no primeiro ciclo cultural solidario realizado en localizacións do concello de Sanxenxo. Pretendía ofrecerlles axuda aos veciños desta localidade que se atopaban nunha situación de máxima dificultade ante a crise económica e que tiñan no banco de alimentos de Vilalonga e en organizacións coma Cáritas as súas fontes directas para conseguir produtos de primeira necesidade. Así, realizouse un ecléctico ciclo cultural, que englobou na súa programación actividades de música, cinema, fotografía e ilustración da man de artistas procedentes de diferentes partes de Galicia. Ao remate do ciclo conseguiuse reunir máis de media tonelada de alimentos, roupa e produtos de hixiene persoal, e máis de 300 euros para gastar en vales no mercado local.

 
 

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras