Obra - Amaya González Reyes - Vivenzas dunha pega (un ensaio sobre o exceso e o luxo)

Vivenzas dunha pega (un ensaio sobre o exceso e o luxo) (2011)

Amaya González Reyes

 
 

Curtametraxe, 12 min, 45 s

O principal obxectivo dunha pega é facerse co obxecto brillante que tanto anhela, pero para iso terá que traballar con moito enxeño e con moita astucia para alcanzalo, movelo, trasladalo, coidalo e gardalo dos demais; isto motivará diversas accións que constrúen o proxecto, unha historia de amor e odio a partir do desexo dun obxecto. O luxo e a decadencia, a decadencia do querer e non poder, o pretensioso, o obsesivo e, á vez, o absurdo. As accións, os desexos, os intentos frustrados, a cegueira provocada pola obsesión do individuo polo desexo de posuír o obxecto no seu poder.

Trátase dun proxecto aberto que se constrúe co paso do tempo, no que a enerxía e o traballo de produción se fan aos poucos, na medida na que a pega vai xuntando o seu botín.

Un ensaio audiovisual no que se ironiza sobre a importancia do aparente na sociedade actual e se tenta romper coas convencións narrativas. A construción do relato e o emprego de diferentes soportes e formatos (vídeo, imaxe fotográfica, diarios ou debuxos) axudan á consecución dunha obra de carácter poliédrico, na que o punto de vista do espectador varía de posición e, ás veces, é mesmo compartido co da propia pega.

 
 
  • Créditos
    • Guión e dirección: Amaya González Reyes
    • Axudante de dirección: Vanesa Díaz
    • Dirección artística: José M. Vidal
    • Dirección de fotografía: Juan Adrio
    • Axudante de fotografía: Josetxu F. Cáccamo
    • Interpretación: Antía Díaz e Amaya González
    • Produción: Beli Martínez
    • Cámara: Alberto M. Palacios
    • Montaxe: Pablo B. Pomar
    • Grafismo e ilustración: Antía Sánchez
    • Maquillaxe e estilismo: Redpública Moiré (Esther Quintás e Silvia Sánchez) 
    • Música orixinal: Chiquita & Chatarra
  • Premios, festivais e proxeccións
  • Vivenzas dunha pega (un ensaio sobre o exceso e o luxo)
  • Vivenzas dunha pega (un ensaio sobre o exceso e o luxo)
  • Vivenzas dunha pega (un ensaio sobre o exceso e o luxo)

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras