Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Mulleres en acción. Violencia zero" 2017-2018

"Mulleres en acción. Violencia zero" 2017-2018 é un proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, unir forzas para loitar contra esta praga presente na sociedade.

Esta edición recolle 25 accións de arte contemporánea nas súas diferentes modalidades, pintura, música, danza, teatro, poesía, graffiti ou performance, que se levarán a cabo ata novembro de 2018 en 25 concellos da provincia: Pontevedra, Vigo, Mos, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal. As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e reflexión para promover unha sociedade igualitaria entre mulleres e homes, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións foron organizadas en colaboración cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.

Descargas

Última modificación: xoves, 12 xullo 2018

Vídeos

#ViolenciaZero - Mulleres en acción: violencia zero 2017/2018

   


Bueu 09-08-2018