Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

TECOR, Gena Baamonde

16 de abril de 2018 ás 12 h
Auditorio Casa da Cultura, A Cañiza

Tamara Andrés

TECOR

Territorio Cinexeticamente Ordenado
Territorio
Sistema de ordenamento e explotación que configura a nosa paisaxe.
Áreas do territorio susceptibles de aproveitamento cinexético.
Espazos recreativos que gozan dun desenvolvemento crecente.
Cinexeticamente
Numerosos indicadores permiten entrever un auxe cinexético de avance imparable.
Crecemento do número de actividades e da cantidade de membros integrados nelas.
Beneficios económicos de alcance considerable tanto da práctica coma dos efectos colaterais.
Non deben esquecerse as partidas derivadas do turismo cinexético para o que o territorio español conta con alicientes de prestixio internacional.
Ordenado
Este masivo interese polo venatorio deixa innumerables xornadas en diversos puntos da xeografía peninsular en función do tipo de caza do cliente.
Se a pretensión é ordenar esta actividade, haberá que coidar ao máximo a oferta e a infraestrutura de xeito que satisfaga a demanda latente.

Mullerona, de Gena Baamonde

Directora, actriz e creadora, está titulada en Dirección de Escena e ten un posgrao e un mestrado en Artes Escénicas. Investigadora predoutoral da Universidade de Vigo, desenvolve a súa tese Sexualidades des-xeneradas na práctica escénica contemporánea na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Estivo vinculada durante anos a Matarile Teatro, a Teatro Galán e ao festival de danza En Pé de Pedra. Foi artista residente no Centro Coreográfico Galego e no Centro Dramático Galego co proxecto "Corpo-puta-vaca-berro". Tamén traballou en asistencias de dirección e dramaturxia para o CDG, Factoría, Disque Danza, A Artística, Helen Bertels e Voadora. Fundou a compañía María a Parva, coa que estreou os espectáculos Mullerona, Xogo para nenas e Indignos, dos que escribiu o texto orixinal e se encargou da dirección. Forma parte da creación e dirección de diversos proxectos de A Artística, como Des-memoria-2 e Verde a tempo completo, e creou e dirixiu para eles o espectáculo Arquitectura da Emoción. Actualmente está a dirixir Elisa e Marcela da compañía A Panadaría.

Galería de imaxes