Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"A música salva vidas", Wöyza

Martes 6 de marzo de 2018 ás 12 h,
Praza Maior, en caso de choiva no Auditorio Reveriano Soutullo, Ponteareas

Isabel León

Título: A música salva vidas

Wöyza exporá algunhas das dúbidas, dificultades e retos que foi superando nesta busca da expresión artística desde un punto de vista feminino, facendo un breve percorrido a través dalgunhas das súas obras, ao longo da súa vida e das súas experiencias. O seu vínculo inicial está no mundo machista do hip hop e no mundo espiritual do gospel, o soul ou o reggae, facendo fincapé nas diferenzas máis relevantes e nas súas similitudes. O coloquio vai contar con exemplos prácticos e amenos.

Wöyza (música)

Wöyza, artista galega vinculada á escena hip hop e con 15 anos de experiencia, despuntou no 2008 co seu álbum debut Pisando el suelo que ves cun grande éxito, que a levou a colaborar con grandes representantes da música nacional e internacional.

Nach, Dealema ou Marco Polo son algunhas das súas colaboracións destacables. Compartiu escenario con algunhas mestras e mestres coma Cristina Pato, Carlos Núñez ou Bomba Estéreo; e tocou en festivais, salas e eventos de toda a península. Do mesmo xeito, a súa música foi acollida nos escenarios de México, Francia, Suíza, Uruguai, Marrocos ou Portugal. Foi a gañadora do Mellor Artista Hip Hop/Músicas Urbanas Martín Códax 2014 e Mellor Disco do Ano 2015 polos Premios Maketon Maeloc co seu adianto discográfico Si/No EP, previo a Pelea (2016). Con este disco conseguiu afianzar a súa carreira, cun gran traballo detrás, videoclips e producións que fan que a marca Wöyza nunca defraude. Actualmente compaxina a súa carreira artística co labor de vocal coach e directora coral de V-go! Negro Son.

Galería de imaxes