Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Pompas", Rita Rodríguez

Martes 27 de febreiro de 2018, ás 12 h
Praza da Igrexa. En caso de choiva no vestíbulo do Concello, Lalín

Isabel León

Título: Pompas

Que a ingravidez non borre a memoria;

que a unión faga a forza*...

e doentes, doídas, caladas, mortas ou feridas;

collan ás do noso alento de a0 e

…voen…

(como pompas de xabón).

Rita Rodríguez

Esta artista galega desenvolveu a súa traxectoria profesional ao redor da escultura e da  performance. A súa obra formou parte de exposicións individuais, coma "Rita Rodríguez. De dentro de", exposta no MARCO de Vigo, de mostras colectivas e tamén de ferias coma Preview Berlin (representada pola DF Contemporary Art Gallery). Foi artista residente e investigadora en numerosos centros, entre os que destaca o centro de investigación en artes visuais HANGAR, en Barcelona. Ademais, presentou accións artísticas en escenarios destacados coma a sede da Real Academia Danesa das Artes, en Copenhague; Maus Hábitos, no Porto; ou  Brakke Grond, en Ámsterdam.

Doutorouse recentemente en Belas Artes na especialidade de arte performativa. Tamén impartiu cursos e obradoiros de escultura, deseño e performance na Universidade da Coruña, no Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia, no Museo de Arte Contemporánea e noutros centros públicos e privados.

Galería de imaxes