Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Palabras divinas", Sonia Rúa

2 de agosto de 2018 ás 20:30 h
Praza do Concello, Moaña

Sonía Rúa

Título: Palabras divinas

"(…) Cristo é a cabeza de todo varón, e o varón a cabeza da muller (…) O varón non debe cubrir a cabeza, xa que el é a imaxe gloria de Deus; pero a muller é gloria do varón. Porque o varón non procede da muller, senón a muller do varón, e tampouco o varón foi creado por causa da muller senón a muller por causa do varón". 1 Corintios 11: 3, 7, 8, 9

"(…) Non chego a entender que utilidade pode ter a muller para o home, se se exclúe a función de concibir nenos". Santo Agostiño de Hipona, Pai da Igrexa

"As mulleres non deben ser iluminadas nin educadas de ningunha maneira. De feito deberían ser segregadas, xa que son causa de insidiosas e involuntarias ereccións nos santos varóns". Santo Agostiño de Hipona, Pai da Igrexa

"Por canto as fillas de Sión se ensoberbecen e andan co pescozo erguido (…) O Señor rapará as súas cabezas, e Xehová descubrirá as súas vergonzas". Isaías 3: 16-17

P.D.

MAL-DITAS

Sonia Rúa

Actriz nacida en Moaña que, ao longo da súa carreira profesional, traballou en máis de 25 obras con Teatro de Ningures e outras compañías (Atlántico, Morcego...). A súa formación provén da experiencia enriba das táboas ao longo de 30 anos e de numerosos cursos con xente da categoría de Nuria Inglada, Albert Boadella, Ernesto Caballero, Elisenda Roca ou Andrés Lima, por nomear algúns, e sobre todo das clases maxistrais de Etelvino Vázquez durante anos. Tamén desenvolveu traballos de deseño de vestiario en numerosas ocasións. No audiovisual participou en series como O Faro e Acacias 38, películas e curtas. Ten un premio María Casares (foi nomeada en catro ocasións) e outro á Mellor Actriz do FETEGA. Desde a creación da Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas dá aulas de teatro a mozas, mozos e persoas adultas, que son, segundo di, outra fonte inesgotable de aprendizaxe.

Galería de fotos